![](https://accionsg.crtvg.gal/alimentacion/wp-content/uploads/2023/10/ponamolo-a-ceroNdP-1024x576.jpg)
Día Mundial da Alimentación
No marco das súas #AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa, a CRTVG lanza #PoñámoloACero, unha campaña de sensibilización arredor do Día Mundial da Alimentación, no que a ONU visibiliza a necesidade de reducir o desperdicio alimentario cifrado a nivel mundial no 17% entre os fogares, a restauración e a venda retallista. Como socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas de España, o obxectivo da CRTVG é contribuír á difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en Galicia, neste caso do Obxectivo número 3, Saúde e benestar, e o número 12, Produción e consumo responsables, que trata de cambiar o modelo actual de produción e consumo para conseguir unha xestión eficiente dos recursos naturais.
![](https://accionsg.crtvg.gal/alimentacion/wp-content/uploads/2023/10/es-fao_logo_blue_2lines_es_0.png)
FAO Nacións Unidas
Páxiña específica sobre o Día Mundial da Alimentación Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura
![](https://accionsg.crtvg.gal/alimentacion/wp-content/uploads/2023/10/comision-europea.png)
Comisión Europea
A Comisión Europea súmase tamén a este día xa que , en Europa desperdícianse case 59 millóns de toneladas de alimentos
![](https://accionsg.crtvg.gal/alimentacion/wp-content/uploads/2023/10/agacal-300x300-2.jpg)
AGACAL
Páxina da entidade da Xunta encargada de fomentar e promocionar a calidade dos produtos alimentarios galegos e o desenvolvemento tecnolóxico do sector agroalimentario.
16 OUTUBRO
A Revista Entrevista Marcio Barradas de Essence Foods e conexión en directo co Hotel OCA Puerta del Camino para falar da súa colaboración con TooGoodToGo
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-6283646?t=406
![](https://accionsg.crtvg.gal/alimentacion/wp-content/uploads/2020/06/G-branco-axustado-768x769.png)