A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU. Sensibilizar sobre o uso da bicicleta e os hábitos saudables e respectuosos co medio natural son os obxectivos da campaña que a CRTVG pon en marcha arredor desta celebración no 19 de abril.
Día Mundial da Bicicleta
#ViveABici
Nas seguintes ligazóns pode atoparse información e recursos de institucións que están a traballar neste eido:
Federación Galega de Ciclismo
Toda a información necesaria e moitos recursos para todos os practicantes do ciclismo
As mellores rutas en bici
Euroveló é unha guía europea que recolle as rutas turísticas en bicicleta más fermosas e seguras, entre elas, o Camiño de Santiago
Educación vial para a infancia
Os Bolechas acompáñannos na páxina da DXT e aprendemos con eles conceptos básicos de educación vial
Semana europea da mobilidade
Accións ao longo de toda Europa para facer un mundo máis sostible cun transporte sustentable e respectuoso co medio natural
Ciclismo para todos
A Federación Española de Ciclismo cóntanos todas as novidades do ciclismo adaptado para que todos gocemos da bicicleta sen limitacións
Rutas Ciclistas Protexidas
A DXT fai fincapé na seguridade e o respecto entre todos os que circulan por estas vías galegas de especial vixilancia e afluencia de ciclistas