A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha para fomentar o uso de elementos reflectantes aos viandantes nas estradas galegas enmárcase dentro do ODS número tres que fai referencia á Saúde e Benestar.