A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do "Día das Letras Galegas" enmárcase dentro do ODS número catro que fai referencia a unha Educación de Calidade

Letras Galegas 2018
María Victoria Moreno

Nas seguintes ligazóns pode atoparse información e recursos de institucións que están a traballar neste eido:

Real Academia Galega

A páxina da Real Academia Galega ofrece unha extensa escolma de artigos sobre a vida, obra e influenza de María Victoria Moreno.

Programa oficial de celebracións

Programación das Letras Galegas 2018 da Xunta de Galicia cos principais actos ao longo de todo o pais.

"Camiñadas con María Victoria Moreno"

O Concello de Pontevedra convídanos a percorrer os principais lugares aos que a profesora e escritora estivo ligada na cidade de Pontevedra

"Pasou o que pasou" Monográfico Letras Galegas 2018

Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey guíannos pola vida e a obra de María Victoria Moreno no arquivo en liña da CRTVG.

As Letras Galegas na Radio Galega

Recompilación de cortes de son da Radio Galega ao redor das Letras Galegas 2018

Concerto das Letras Galegas

Recital dedicado a María Victoria Moreno o 16 de maio de 2018 ás 21:00 horas no auditorio da sede Afundación de Pontevedra e organizado polo Consello da Cultura Galega.

“A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro en recoñecer como mestre Alonso Montero”
María Victoria Moreno
Escritora
"Demostrou o que foi o arrinque da literatura infantil e xuvenil, ela apostou polo xénero consicentemente, en galego, e fíxoo cunhas obras que son completamente innovadoras"
Isabel Soto
Coautora da biografía 'María Victora Moreno. Sementadora de futuro'

#LetrasGalegas2018