Neste vídeo, a xornalista Bea Gutiérrez fai un repaso dalgunhas das obras máis representativas do escritor e filólogo ferrolán. Carvalho Calero escribiu narrativa, poesía, ensaio e teatro, sendo a poesía o xénero co que máis se chegou a identificar.
Tamén foi o autor da primeira novela escrita en galego publicada despois da Guerra Civil, A xente da barreira (1950), que marcou o inicio da narrativa galega de posguerra.