Letras Galegas 2020
Ricardo Carvalho Calero

A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do Día das Letras Galegas 2020 enmárcase dentro do ODS número catro que fai referencia a unha Educación de Calidade.

Cinco cousas sobre Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, e tamén está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico. 

Este ano dedicouse o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, coincidindo este 2020 como o 110º aniversario do seu nacemento e o 30º do seu pasamento.

Que máis deberiamos saber del? Alba Mancebo explícanos cinco curiosidades da súa biografía nesta peza audiovisual.

Ricardo Carvalho Calero a través da súa obra

Neste vídeo, a xornalista Bea Gutiérrez fai un repaso dalgunhas das obras máis representativas do escritor e filólogo ferrolán. Carvalho Calero escribiu narrativa, poesía, ensaio e teatro, sendo a poesía o xénero co que máis se chegou a identificar.

Tamén foi o autor da primeira novela escrita en galego publicada despois da Guerra Civil, A xente da barreira (1950), que marcou o inicio da narrativa galega de posguerra.

Carvalho Calero no Diario Cultural

Escoitamos as voces novas da poesía galega

Antón Blanco

 (O Carril, Vilagarcía de Arousa, 1996) é poeta e estudante de Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Acadou o primeiro premio de poesía da XLII edición dos Premios Minerva e publicou textos nas revistas Dorna Grial.

Jesús Castro Yáñez

 (Baltar, A Pastoriza, 1992) é poeta e odontólogo. Con 17 anos gañou o premio Minerva de poesía e, tres anos despois, o II Premio de Poesía Díaz Jácome (2012), entre outros recoñecementos. A súa última obra, Ultramarino, foi publicada no ano 2017.

Alba Cid

(Ourense, 1989) é poeta e investigadora en poesía contemporánea. Publica textos de creación e recensións nas revistas GrialLuzesTempos Novos e Dorna, e é colaboradora da Radio Galega. Os seus poemas foron traducidos para o castelán, o grego, o inglés e o portugués. Na actualidade, encárgase do John Rutherford Centre for Galician Studies, da Universidade de Oxford.

Lara Dopazo

(Marín, 1985) é escritora e licenciada en Xornalismo. Ten un mestrado en Cooperación Internacional e outro en Filosofía Práctica. Publicou, entre outras obras, Clementina (2016), Os lobos na casa de Esaú (2017) e Claus e o alacrán (2018).

Alicia Fernández

(Escairón, O Saviñao, 1987) é poeta e licenciada en Filoloxía Galega pola USC. Publicou poemas en revistas literarias como A CaramuxaA ciegasDorna e Xistral e impartiu obradoiros de escritura creativa. No ano 2019 conseguiu o Premio de Poesía Fiz Vergara por Mamá pelícan

Noelia Gómez

(Rianxo, 1995) é graduada en Xornalismo e ten un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universitat Pompeu Fabra. En 2015 gañou o Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua. A súa obra O xiro obtivo, en 2018, o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

Gonzalo Hermo

(Taragoña, Rianxo, 1987) é poeta e licenciado en Filoloxía Inglesa pola USC. As súas primeiras escrituras foron publicadas en revistas como DornaAndar 21 ou Nova Ólisbos. En 2018 publicou o poemario A vida salvaxe.

Oriana Méndez

(Vigo, 1984) é poeta e licenciada en Filoloxía Galega. Filla do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín e Moncha Fuentes, o seu labor poético comezou na revista cultural A Caramuxa no ano 2000. En 2019 foi galardoada co premio do V Certame de Poesía Rosalía de Castro de Padrón coa súa obra O corazón pronúnciase extenso.

Ismael Ramos

(Mazaricos, 1994) é poeta e escritor. Algúns dos seus textos foron publicados en A Bacana, Clarín, Grial, Luzes, PlayGround, Waxwing ou Dorna; e traducidos ao español, inglés, francés e portugués. O seu libro Lumes (2017) foi galardoado co Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía.

Regina Touceda

(Cuntis, 1999) é poeta e estudante de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. En 2019 gañou o premio de poesía Pérez Parallé co poemario Deriva.

#DígochoEu Especial Reintegracionismo

Real Academia Galega

A páxina da Real Academia Galega ofrece unha extensa escolma de artigos sobre a vida, obra e influenza de Antonio Fraguas

Museo do Pobo Galego

O Padroado do Museo do Pobo Galego ten como obxectivos investigar, conservar, divulgar,
defender e promover a cultura galega
en todos os seus eidos

Programa de actos oficiais

Información sobre os actos conmemorativos arredor do día 17 de maio, con especial atención ás actividades desenvolvidas no eido educativo