A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do Día das Letras Galegas 2020 enmárcase dentro do ODS número catro que fai referencia a unha Educación de Calidade.