CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do Día das Letras Galegas 2022 enmárcase dentro do ODS número catro que fai referencia a unha Educación de Calidade.

Real Academia Galega

A páxina da Real Academia Galega ofrece unha extensa escolma de artigos sobre a vida, obra e influenza de Antonio Fraguas

Museo do Pobo Galego

O Padroado do Museo do Pobo Galego ten como obxectivos investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus eidos

Programa de actos oficiais

Información sobre os actos conmemorativos arredor do día 17 de maio, con especial atención ás actividades desenvolvidas no eido educativo