Día internacional das nenas nas TIC

No marco das súas #AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa, a CRTVG lanza #FaiClic, unha campaña de sensibilización arredor do Día Internacional das Nenas nas TIC, en que a ONU visibiliza a necesidade de animar as nenas a que orienten a súa carreira académica ás disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e dentro delas, ás TIC. Como socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas de España, o obxectivo da CRTVG é contribuír á difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en Galicia, neste caso do Obxectivo número 5 que fai referencia a lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas.

Amparo Alonso Betanzos

Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, onde coordina o grupo LIDA (Laboratorio de I+D en intelixencia Artificial). Foi postdoctoral fellow no Medical College de Xeorxia, EUA, onde traballou tres anos. A súa área de investigación é o desenvolvemento e a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial en diversas áreas, así como a Aprendizaxe Computacional e as técnicas de Ciencia de Datos (Big Data), colaborando con outros grupos de investigacións nacionais e estranxeiros. No 1998 recibiu o Premio LÓreal-UNESCO a Women in Science en España. Desde 2012 é presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial.

Antía Fernández López

Antía Fernández, directora técnica da área de servizos e aplicacións de Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. As súas responsabilidades céntranse en catro eixes principais: desenvolvemento de negocio, estratexia tecnolóxica, xestión de operacións e de persoas. O obxectivo principal do seu traballo é transferir tecnoloxías de cloud computing, Seguridade e Learning Analytics á industria. Ten experiencia internacional na xestión de proxectos europeos e foi designada pola Comisión Europea como experta externa para a avaliación do programa H2020 en materia de Ciberseguridade.

Edita de Lorenzo Rodríguez

Edita de Lorenzo, enxeñeira de Telecomunicacións e profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. Foi a primeira decana da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo, entre 2009 e 2015. Actual vicedecana/vicepresidenta do COETG/AETG, é secretaria da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal e vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011, ademáis de cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering). As súas liñas de investigación encádranse na análise e síntese de antenas e os sistemas de detección radar, participando en numerosos proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicación.

Ana Bernabeu Tello

Ana Bernabeu, profesora titular de Estratigrafía da Universidade de Vigo desde 2003, participa e dirixe proxectos de investigación europeos, nacionais e autonómicos neste eido, sobre o que ten publicados máis de cen traballos, unha trintena en revistas internacionais. Nesta liña, participa, entre outros, en proxectos sobre prospeccións no leito mariño para o tendido de cables submarinos intercontinentais. Foi vicedecana da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo entre 2013 e 2018 e actualmente é directora da área de investigación e coordinadora do programa de doutoramento internacional Marine Science, Technology and Management. 

María Luz Castro Pena

Luz Castro, enxeñeira informática pola Universidade da Coruña, foi fundadora da Plataforma polo Galego na Informática e da empresa Imaxin Software. Docente  da Facultade de Comunicación Audiovisual da UDC, onde imparte as materias Informática para a Creación de Web e Vídeo e Obradoiro de Creación Multimedia do Grao en Comunicación Audiovisual. Entre 2008 e 2010 foi vicepresidenta de Eganet, e dende 2012 representa a asociación na Rede de Mulleres en Informática (MUIN). É cofundadora e presidenta da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos Videoxogo.gal, que ademais preside dende decembro de 2021.

Executivas de Galicia

É unha asociación aberta de mulleres independentes que exercen en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.

ONU: Nenas nas TIC

A UIT é o organismo especializado das Nacións Unidas para as TICs e traballa para desenvolver solucións e ideas que reduzan as barreiras de acceso e mellorar a seguridade en liña para nenas e mulleres novas.

AMTEGA

Páxina da entidade da Xunta que fomenta a transformación dixital e dota á cidadanía de recursos para participar activamente no desenvolvemento da sociedade da información.

28 ABRIL

A Revista Emisión del spot e directo da redactora Carmen Pérez desde un centro educativo de Lugo, taller Robótica. Entrevista cunha docente e con dúas alumnas que elixiron itinerarios TIC e van facer carreiras TIC e Enxeñería. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5624561?t=637

 Telexornal mediodía. Peza sobre a campaña, aproveitando o spot e os recursos. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5624504?t=2027

Telexornal serán. Peza sobre a campaña, aproveitando o spot e os recursos. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-5624612?t=1927

Debate da G2, alusión na presentación de SabelaRomar. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-debate-da-g2-5624570

Lambons dixitais, RG Entrevista a Cintia Lomba e Erea Rodríguez, creadoras dunha App que ofrece experiencias personalizadas para promover o patrimonio e a cultura. https://www.youtube.com/watch?v=2h22dTxIOWs&t=2906s

 

29 ABRIL

Galicia por Diante, RG Entrevista con Edita de Lorenzo, referente, protagonista do spot e profesora na Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-29-04-2022-5624738

A Revista. O magazine da Galega achegouse á campaña #FaiClic, enmarcada nas #AcciónsG dos medios públicos, que busca fomentar as carreiras tecnolóxicas entre as nenas galegas, para o que conversou no estudio con dúas das súas protagonistas: Antía Fernández, directora de Innovación de Gradiant; María Edita de Lorenzo, enxeñeira de Telecomunicacións e profesora do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo, e con Amparo Alonso, (vía Skype) catedrática de Ciencias da Conmutación e Intelixencia Artificial da UDC.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5627000


1 MAIO
Galicia por Diante Fin de Semana da RG. Entrevista con Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e de Intelixencia Artificial na UDC.

https://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-fin-de-semana-galicia-por-diante-fin-de-semana-do-dia-01-05-2022-5627513


2 MAIO

A Tarde da RG. Entrevista con Cintia Lomba e Erea Rodríguez, creadoras dunha App que ofrece experiencias personalizadas para promover o patrimonio e a cultura.

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-02-05-2022-5629055?t=377

Convivir, RG. Reportaxe sobre as mulleres na Academia da Ciencia

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/convivir-convivir-do-dia-03-05-2022-5629199?t=388

 

3 MAIO

Convivir, RG. Entrevista con Luz Castro, enxeñeira informática e docente da UDC

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/convivir-convivir-do-dia-04-05-2022-5630645?t=1