A CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor da doazón de sangue enmárcase dentro do ODS número tres que fai referencia á Saúde e Benestar.

Axencia de Doazón de órganos e sangue

Entidade dependente da Xunta de Galicia. En Galicia precísanse cada ano 125.000 doazóns de sangue para que moitas persoas poidan curar, e incluso, salvar a súa vida.

Día mundial do doante de sangue

O 14 de xuño celébrase o Día Mundial do Donante de Sangue. O seu obxectivo é concienciar sobre a necesidade de dispoñer de sangue e productos sanguíneos seguros para transfusiones.

Comisión Europea e doazón de sangue

O marco xurídico que define as normas de calidade e seguridade aplicables ao sangue e os seus compoñentes establécese na Directiva 2002/98/CEB tamén coñecida como Directiva sobre o sangue.