CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do Día da Xente do Mar 2023 e a conmemoración dos 50 anos do MARPOL enmárcase dentro dos ODS número 3 (Saúde e benestar), 9 (Industria, innovación e infraestrutura), 13 (Acción polo clima) e 14 (Vida Submarina).