CRTVG é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas e encadra as súas accións de Responsabilidade Social Corporativa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. Esta nova acción que a CRTVG pon en marcha arredor do Día da Xente do Mar 2023 e a conmemoración dos 50 anos do MARPOL enmárcase dentro dos ODS número 3 (Saúde e benestar),  9 (Industria, innovación e infraestrutura), 13 (Acción polo clima) e 14 (Vida Submarina).

Que é MARPOL

Contidos especiais da Televisión de Galicia

Plan CAMGAL

Páxina do Plan Territorial de Continxencias para a Contaminación Mariña Accidental da Xunta de Galicia

Plan Ribera

Páxina do Plan Estatal de Protección da Ribeira do Mar contra a Contaminación (Plan Ribera) do Goberno de España

Organización Marítima Internacional

Organismo especializado das Nacóns Unidas responsable da seguridade e protección da navegación e de previr a contaminación do mar polos buques.